INVERSA TEATRO

INVERSA TEATRO

INVERSA Teatro é unha compañía unipersoal dirixida e xestionada por Marta Pérez desde o 2009.  INVERSA Teatro fundamenta o seu traballo na convivencia de diferentes campos artísticos: artes escénicas, audiovisual, música e artes gráficas apostando por un teatro contemporáneo e de experimentación onde poder levar a cabo textos de dramaturgos e dramaturgas galeg@s contemporáne@s. Un dos puntos clave para INVERSA Teatro é a súa intención feminista e aposta filosófica. Non é casual que todas as súas obras cuestionen o papel da muller na sociedade; así como un discurso críticos coas estruturas sociais e políticas do sistema. A compañía ten viaxado e asistido a diferentes Festivais durante o 2012, 2013 e 2014 por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU e Portugal as súas producións acadan en catro ocasións apoio económico  por parte de AGADIC e recibe apoios de distintas Embaixadas Españolas e centros Aecid en latinoamerica (Colombia, Venezuela, México e Brasil).

Marta Pérez é actriz e creadora escénica. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro coa que leva sete producións teatrais: Expostas– da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini, Fémina Sapiens de autoría propia e Sofía (unipersoal) e Sofía e as Postsocráticas tamén de autoría propia. Forma parte do Grupo DramaturXa do Centro Dramático Galego e publica O Péndulo no libro colectivo editado por Edicións Positivas e a Biblioteca CDG no 2019.

2015– I Premio do público Coiro de Pita por Té con Kant

2015– XV Premio Teatral Maruxa Villanueva a Marta Pérez por Té con Kant

2016– II Premio de Dramaturxia para Marta Pérez polo texto Catiúscas. XXV Certame Literario A Pipa de Becerreá

Pin It on Pinterest

Comparte