IRIA PINHEIRO

IRIA PINHEIRO

Iria Pinheiro traballa como actriz desde o ano 1998. Desenvolveu a súa actividade profesional na TVG, nas artes escénicas e na música, e tamén no audiovisual. No ano 2012 crea DandyLady, un alter ego dende o que investiga as posibilidades da poesía escénica. Colabora desde sempre con diferentes compañías teatrais coma Chévere, Elefante Elegante ou Baobab Teatro.

Na actualidade está a presentar o espectáculo Anatomía dunha Serea (teatro documental) polo que recibiu no 2019 dous Premios María Casares: Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal (xunto coa poeta María Lado). No 2019 recibe tamén o Premio Maruxa Villanueva á Interpretación pola súa traxectoria como actriz. No 2020 funda, xunto con Suso Jalda á técnica e á iluminación, a Compañía Eléctrica. Un lugar de creación onde a parte plástica e o teatro van da man. A Cía. Eléctrica propón espectáculos para todos os públicos e tamén só para persoas adultas onde as temáticas xiran en torno ao teatro documental e o social. Recentemente gañou o Premio do Público no IV Certame de Microescenas no FIOT de Carballo polo seu traballo Croquetas.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte