LAROÁ

Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola búsqueda dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo na súa maioría das influenzas da música lusófona e de raíz, adentrámonos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mestura e variedade.

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

FICHA ARTÍSTICA

Madalena Gamalho: voz
Sandra Lima: voz
Roso Marinello: saxos, clarinete baixo
Rafa Morales: baixo eléctrico
Antonio “monano”: teclado
Miguel Fraguas: percusión, gaita e whistle
Franc Gorriz: batería e percusión

Pin It on Pinterest

Comparte