LARRAITZ URRUZOLA

Larraitz Urruzola é actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil e/ou familiar dende o ano 1989. De formación autodidacta e cun longo percorrido por varias compañías profesionais de teatro e monicreques, destaca pola súa capacidade de conexión e comunicación co público. Domina varias técnicas de manipulación de monicreques tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: Variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku… Destaca pola versatilidade estética e a súa variada tipoloxía da voz á hora de proxectar as súas personaxes. Como artista e animadora sociocultural realiza obradoiros empregando o xogo dramático como recurso para contribuír á formación integral do individuo. Actualmente forma parte tamén da compañía de teatro e monicreques Babaluva á vez que mantén entidade propia como contadora e titiriteira con montaxes tan aclamadas como A Viaxe de Rosalía ou O Crebanoces e unha colección de espectáculos de narración oral baixo o paraugas dos Babacontos.

Pin It on Pinterest

Comparte