Teatro actoral | Público adulto| 70 Min

SINOPSE

Logos é unha comedia que xoga cos referentes do xénero da ciencia ficción para levar ao espectador a un mundo inventado, absurdo e ao mesmo tempo real como a vida mesma. LOGOS é unha parodia da sociedade actual, unha proxección deformada, como un reflexo nun deses espellos máxicos cos que Valle Inclán exemplificara maxistralmente o esperpento.

Lucecús teatro, a través deste proxecto, traballa na construción de tres personaxes que a pesar das súas diferenzas de enfoque e as distintas motivacións, exploran medios para acadar un mesmo fin: cortar as cadeas que os unen a un mundo baseado no consumo e a publicidade.

FICHA ARTÍSTICA

Dramaturxia: Anxo Manoel

Dirección: Santiago Cortegoso.

Elenco: Isa Herrero, Anxo Manoel e Borja Fernández

Vestiario: Isa Herrero.

Deseño Gráfico: Isa Herrero.

Espazo sonoro: David Alonso Garzón.

Espectáculo músical |Primeira infancia (0 a 5 anos ) | 45 min

SINOPSE

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas e a manipulación de obxectos, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

FICHA ARTÍSTICA

Voz, guitarra: Magín Blanco
Piano, acordeón, Ukelele: Jorge Juncal
Voz, percusión e manipulación de obxectos: Maria Faltri

Pin It on Pinterest

Comparte