LUCECÚS TEATRO

Lucecús Teatro nace da confluencia  de varios proxectos artísticos. Logo de moitos anos de traballo en diferentes colectivos teatrais de Lugo, tres vagalumes deciden xuntarse e dar un paso adiante coa máxima ilusión do mundo. Tres lucecús chamados Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez que teñen percorrido os escenarios de Galicia da man de grupos como AchádegoPalimoco ou Microefectos Dramatúrxicos. A compañía acaba de nacer pero xa son moitas as actuacións que levan ás súas costas, agardando ansiosos seguir medrando. Comezan este proxecto con A órbita do Lucecús da man dos compañeiros de Ibuprofeno Teatro  con Santiago Cortegoso á dirección. A súa última montaxe é LOGOS de novo coa mesma dirección, unha obra tremendamente orixinal  con Borja Fernández como parte do elenco, dirixida ao público adulto e adolescente coa que queren continuar a alumarnos polos camiños do mundo.

Pin It on Pinterest

Comparte