LULAVAI

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamado Lulavai. Coñécense en 2005, ao tempo que formaban parte da orquestra folk Sondeseu, baixo a dirección do ex compoñente de Milladoiro Rodrigo Romaní.

As súas inquedanzas por explorar novos mundos sonoros lévaas a emprender en 2008, este proxecto musical: 4 arpas, 4 catro voces, interpretando con coidados e elaborados arranxos, temas tradicionais galegos e de composición propia. A súa andaina polos escenarios comezou ese mesmo ano, cando foron seleccionadas como finalistas no “Festival cancioneiros”, organizado pola Fundación Pedro Barrie de la Maza. A partir de aí comezan a sua andadura polos escenarios galegos, españois e europeos. Ata o momento, levan editados dous cds e en 2022 sairá á luz o seu seguinte traballo.

Lulavai interpreta sobre os escenarios unha serie de temas con orixe na música tradicional galega, e outros de caracter máis persoal, con inspiración noutras músicas do mundo, e noutros estilo músicais. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión tradicionáis (pandeiros, pandeireta, culleres…) que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai. No concerto sucédense os cambios de instrumentos, as posicións no escenario mudan, producíndose diferentes estéticas, visuáis e sonoras, que sorprenden ao público. As cancións van dende temas tranquilos, para escoitar cos ollos pechados, ata os máis rítmicos ó máis puro estilo tradicional.

 

FICHA ARTÍSTICA

Lorena Reinaldo: Arpa, voz e percusión tradicional
Paula Oanes: Arpa, voz e percusión tradicional
Josefa Fernández: Arpa, voz e percusión tradicional
Elena Paz: Arpa, voz e percusión tradicional

Pin It on Pinterest

Comparte