LUSCO&FUSCO

Encontros singulares en venres de verán

Lusco & Fusco preséntase coma unha experiencia viva para o espectador, unha interrelación da arte co espazo e co público, un sopro de aire que tenderá novas pontes de convivencia coa cultura contemporánea.
Facendo relación ao subtítulo do programa “Venres singulares” o proxecto Lusco & Fusco  presenta unha relación de propostas culturais, tamén  “singulares”, que terán lugar nalgúns venres do verán. Pero non só a proposta será diferente,  senón tamén o lugar onde se desenvolva. É por iso que cada unha das propostas está pensada para un espazo concreto, tamén “singular”,   no que simbioticamente cada peza se adaptará facendo un bloque único que lucirá coa chegada do Lusco & fusco.

Pin It on Pinterest

Comparte