MAGÍN BLANCO

Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco, con Uxia Senlle (Ed. Galaxia 2014) e Gatuxo (Ed. Fol música 2015), Camiños (Ed. Fol música, 2017). Despois do éxito acadado co espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia, Magín chega agora con unha nova creación, A nena e o grilo máis aló, un espectáculo músico teatral con teatro Ghazafelhos e o músico Cristian Leggiero e que actualmente se atopa presentando. Magín Blanco conta tamén con formatos musicais como Magín Blanco e A Banda das Apertas e o seu formato en solitario O que levamos nas maletas.

Pin It on Pinterest

Comparte