MAMÁ CABRA

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa historia remóntase ao ano 2000, e partiu primeiramente de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, principal fundadora do grupo. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. O seu primeiro disco é Cantos Rodados, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez.  Moi pouco tempo despois acaban subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Na actualidade contan xa con un puñado de libros e discos editados cos editorial Galaxia, entre outros:  Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia e o seu novo lanzamento Eu cociño, ti cociñas? Un libro do que resulta o seu último espectáculo.

Pin It on Pinterest

Comparte