MARÍA E JORGE

Fantasía coas palabras é o primeiro libro-disco de María Faltri e Jorge Juncal. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Jorge Juncal é músico multinstrumentista con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. María López (Faltri) é compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais. Ambos os músicos forman parte da escena infantil músico-teatral dende hai 5 anos. Traballaron con Magín Blanco en “A Nena e o Grilo nun Barquiño” , “Gatuxo” ou “A Banda das Apertas”, acadando o recoñecemento da crítica e o público. Os textos en castelán son da autoría de Rosa María Modrego Tejada, baixo o selo editorial Istarduk Ediciones.

Pin It on Pinterest

Comparte