MARTIÑA SOÑADORA

Martiña soñadora é unha proposta musical de nova creación para o público infantil e familiar. Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz son os compoñentes desta nova formación. Ambos contan con moita experiencia dentro do panorama musical actual galego e con algunha experiencia previa dentro da música infantil. Sabela con A pequena e grande orquestra, e Carlos con grupos como OViravai entre outros. Martiña Soñadora propón unha rica achega de ritmos musicais para os máis pequenos e pequenas. A través deste concerto as familias podes descubrir e gozar de ritmos brasileiros como a Bossa Nova, portugueses coma o Fado, pezas do rock and roll máis clásico, e algúns tintes do blues e do jazz, todos eles estilos de raíz e indispensables para comprender a historia universal da música e para dar paso ao baile.  O grupo toma o nome da protagonista de todas as súas historias, Martiña Soñadora.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte