Monicreques interior ou rúa | Infantil e familiar (+5) | 50 min

SINOPSE

Marusía é unha nena que vive preto do mar. Nesta historia, Marusía ten que superar a proba dos tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, nun furtivo do marisqueo e no terror ao descoñecido. Ao longo da aventura, entre accións e cancións, falarannos de consumo de algas, de cambio climático, dos males que sofre o mar e proporán vías para conseguir entre todas e todos mellorar o medio ambiente..

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Tatán
Produción executiva e artística: Teabro Babaluva
Actrices e manipuladoras: Larraitz e Mirari Urruzola
Construcción de títeres e escenografía: Mirari Urruzola

Pin It on Pinterest

Comparte