MES DO COOPERATIVISMO GALEGO

Con motivo do Día Internacional do Cooperativismo, que cada ano ten lugar o primeiro sábado de xuño, desenvolveuse, xunto a outras entidades, unha proposta que convertese esta celebración puntual en todo un bloque de accións repartidas durante o mes previo por varios puntos de Galicia.
Cos obxectivos de fomentar e difundir o cooperativismo, de ampliar a poboación obxectivo á que se dirixía a celebración, de recompensar e poñer en valor o labor do cooperativismo e de aumentar a conciencia e o nivel de coñecemento sobre o modelo cooperativista, consideráronse catro liñas de actividades: cooperativismo en movemento, cooperativismo nas escolas, cooperativismo de portas abertas e un acto final o propio día do cooperativismo que funcionase como enlace e mostra final de todo o traballo feito durante este período.

 

Cooperativismo en movemento

Unha actividade itinerante que quere ir deixando en cada unha das súas paradas a esencia do valor do cooperativismo. Destinada a todos os públicos, esta actividade supón un evento atractivo para as vilas ademais de dar a coñecer os valores cooperativos a través de dous saborosos ingredientes: humor e boa música.

 

Cooperativismo nas escolas

Os centros premiados no certame “Cooperativismo no ensino” reciben como agasallo un espectáculo teatral e musical para transmitirlle ás nenas e nenos a esencia do cooperativismo a través de contos que amosan un mundo onte todas as persoas sumamos.

 

Cooperativismo de portas abertas

 

Pin It on Pinterest

Comparte