Mínia convídate a xogar

Teatro e Instalación de xogo | Público infantil (2 a 6)| 60 Min

SINOPSE

Minia convídate a xogar é un espectáculo instalación para os máis pequenos (desde andantes aos 6 anos), especialmente recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. A montaxe consta de dúas partes. Na primeira vemos como Minia desenvolve a imaxinación nun almacén de caixas. Na segunda parte, Minia convida aos nenos e nenas a que eles tamén xoguen cos mesmos materiais e o mesmo espazo que ela usou.

SINOPSE ARGUMENTAL.-Minia é unha rapariga que agarda que os seus pais rematen de traballar na oficina dun almacén. Minia decide aproveitar o tempo xogando coas caixas de cartón que se amorean no espazo e que vai transformando en distintos ambientes imaxinados , xogos, aventuras e personaxes.

FICHA ARTÍSTICA

Dramaturxia e dialogos: Lucho Penabade
Dirección: Nekane Fernandez
Actriz: Mirari Urruzola
Voz en off : Larraitz Urruzola e Lucho Penabade
Produción executiva e artística: Teatro Babaluva
Deseño espazo escénico: Mirari Urruzola e Estela Freire
Realización espazo escénico: Ramsés Romero e Mirari Urruzola
Deseño espazo sonoro: Merran Laginestra
Deseño de iluminación: Teatro Babaluva

Pin It on Pinterest

Comparte