MOMBOI

MOMBOI

Momboi nace no 2018 coa gravación do seu debut discográfico Ofrenda (Bungalow Studios, 2019). Cinco cancións compostas por Brais Sánchez (voz principal e guitarras) e no que participan ademais do batería da banda Beny Mayo, músicos galegos como Alex Mariño, Saúl Cacharrón, Juanma Varela e Garlos Gil.  En 2019 pasan a formar parte da banda André Garabato (teclado e sintetizadores) e Daniel García ‘Carba’ (baixo eléctrico e voces). A estrea do directo tivo lugar no UKP Day de Ribadavia, mais tarde pasaron pola Corte dos Bois en Sandiás e participaron no Certame “Os Bardos” Mellor Canción Galega 2019 celebrado en Baiona, acadando o segundo posto coa canción Osvaldo.

Ofrenda sae á luz en decembro do 2019 en formato dixital e físico, acompañado do videoclip da canción Inverno de Cores, dirixido por Rafael de Ramón Herrera (El Puerro Producciones). Durante o confinamento de 2020, Momboi publica Hostal Azteca, (Auto producido). As influencias flamencas déixanse ver nesta canción, e adiantan parte do son do seguinte disco. No verán do 2020 realizan varios concertos, entre eles o Festival 17 graos Ribeira Sacra, formando cartel xunto a Xoel López, Os Amigos dos Músicos ou ELLE, O Festival Vilablues 5.1 en Noia, con artistas Raimundo Amador, Adrián Costa ou Koko Jean & The Tonics, ou Música na Ribeira, unha iniciativa vinculada ao Camiño de Santiago a través de Política Lingüística.

Momboi é unha das bandas Finalistas do XII Certame Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais en 2020 organizado pola Deputación da Coruña.

Momboi parte do seu gusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso, o seu Pop/Rock bebe da Psicodelia ou mesmo da tradición galega ou do Flamenco, camiñando con mirada ampla e facendo unha mestura moi persoal. Momboi crea un universo imaxinativo nas súas letras que van dende o ancestral e o espiritual ao amor e as relacións humanas. O grupo está a traballar no seu seguinte traballo discográfico.

ESPECTÁCULOS

Pin It on Pinterest

Comparte