Moraima

 Espectáculo musical | Primeira infancia (0 a 6) | 60 Min

SINOPSE

Moraima é unha nena moi especial. Onde o bosque afonda, alí vive Moraima rodeada de un mundo máxico que nos levará a unha viaxe polos nosos soutos. Coa música e os xogos faranos desfrutar, cantar e tocar no seu marabilloso mundo.  Percubebés presenta esta nova montaxe, un obradoiro musical para o público bebé e as súas familias. Logo do éxito acadado coa súa primeira proposta Percubebé, chegan agora con esta segunda entrega para deleite das familias. Ademais de presentarnos a Moraima a través dun conto poderemos ir interpretando as melodías que Marcelo e Bea nos aprendan. 

 

FICHA ARTÍSTICA

Elenco Marcelo Dobode e Beatriz Martínez.
Produción Percubebé

Pin It on Pinterest

Comparte