GALEATRO

MUIÑADA

Teatro |50 min | +3 anos

SINOPSE

Sabela e Xacobe encóntranse nun muíño de auga por un malentendido coas quendas. Ao veren que os dous non poden moer ao mesmo tempo, comeza unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a historia de Galicia. Muiñada é unha viaxe ao pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria das nosas avoas e avós. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección Davide González
Texto Ana Carreira
Intérpretes Alba Bermúdez, Tone Martínez

FICHA TÉCNICA

 

Pin It on Pinterest

Comparte