ZËNZAR

MÚSICA E LINGUA

Concerto didáctico |+ 12 anos | 90 min

SINOPSE

Neste encontro iremos debullando dun xeito ameno e visual, a través do vídeo, da música, da palabra e da ilustración, a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible dunha cultura integrada no ámbito musical e audiovisual. Á vez farase un percorrido pola historia da música contemporánea galega cantada no idioma propio e buscando a participación e o diálogo co público asistente. Mediante o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, levado a cabo por Laura Romero, falarase de música en galego e xénero. Con artistas que van desde precursores coma Andrés do Barro ou NHU nos anos 70, Os Resentidos nos 80, Zënzar, Xenreira, Skornabois, Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto ou O Leo nos 90 até bandas en activo máis contemporáneas coma Ruxe Ruxe, SES, Terbutalina, Dakidarría, DKTC, Tanxugueiras, Guadi Galego ou Flow do Toxo.  Preténdese descubrir un universo musical para todo o público participante (esta actividade pode desenvolverse aberta a público xeral ou a público escolar, adaptándonos ás idades propostas en cada caso).

FICHA ARTÍSTICA

Elenco  Xosé A. Bocixa, Manolo García, Mario Grela, Paco Cerdeira e Laura Romero
Técnico de son  Roi Gil

Pin It on Pinterest

Comparte