TEATRO GHAZAFELHOS

Nana para un soldado

Teatro infantil |60 min | +3 anos

SINOPSE

A guerra non é un lugar, a guerra non se chega ou se vai, pero está aí e habita nos corazóns atrincheirados e nas mentes con metralla. Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados. Nana para un soldado é a historia dun momento na guerra, presentado dun xeito cómico e poético amosando o máis duro da guerra pero tamén o máis fermoso das persoas. Ghazafelhos rescata este clásico estreado en 2011 para rememorar nos teatros unha das obras máis entrañables e emotivas da súa produción.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho
Guión e dirección  Pepablo Patinho
Vestiario e maquillaxe  Montse Piñón
Costureira  Magdalena Caneiro
Escenografía  Ghazafelhos
Arranxos musicais  Carlos Quintá
Efectos de Son  Jorge Casas

FICHA TÉCNICA

Alto 4m / Ancho 10m / Fondo 5m

Pin It on Pinterest

Comparte