Teatro | Público infantil e familiar (+6) | 50 min
SINOPSE
A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro Ó Cubo lanza a súa cuarta produción, marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar. Unha peza que afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo en valor a amizade, o fracaso como parte do camiño e o respecto pola diversidade de cada quen. Unha viaxe pola vida mesma.
Dúas formas de ver o mundo. Dúas maneiras de chegar a un lugar. Dous xeitos de comportarse e un obxectivo común: chegar a Ningures. Rita e Denís, viaxeiras profesionais incansables, cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros. Mais as portas agochan moitos segredos. Serán quen de atravesalas? Conseguirán o seu propósito? Superarán este reto?
FICHA ARTÍSTICA
Elenco Sofía Espiñeira, Roberto C Mouriño
Dirección e dramaturxia Roberto C Mouriño
Idea orixinal Teatro ó Cubo
Vestiario Carmen Pichel
Escenografía Beatriz de Vega
Fotografía Alex Sobrino
Iluminación J.L Baños de Cos
FICHA TÉCNICA
Alto 4m / Ancho 7m / Fondo 7m