OS CONTOS DE PABLÍSIMO

O ARQUIVO DO CHIBO

Narración oral e obxectos | público infantil +4 | 40 min

SINOPSE

“Hai quen conta ovellas para durmir…eu conto chibos”

O Arquivo do Chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos Arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de viñetas para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras…e moita moita cachifallada.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autor/actor: Pablo Sánchez

Pin It on Pinterest

Comparte