FANTOCHES BAJ
O ASOMBRO
Teatro performance | Público adulto +12 | 60 min
SINOPSE
O Asombro é un espectáculo poético e musical elaborado a partir dos textos do poeta Uxío Novoneyra, e que pretende conmover e achegar a obra dos que consideramos dous dos máis grandes poetas galegos do século XX. Con dramaturxia, posta en escena e interpretación de Inacio Vilariño, o espectáculo presenta un cruce entre teatro poético e manipulación de obxectos. O narrador, recitador e performer, Inacio Vilariño, encandéanos coas palabras de Uxío Novoneyra, cunha rotunda musicalidade que se deixa escoitar con verdadeiro pracer na mentres crea un suxerinte universo de trazos con xis sobre un taboleiro. Ou mediante unha estudada manipulación de libros que van construíndo ilustracións abstractas das palabras que xorden deles. Un espectáculo que como o seu título indica logra asombrar ao público fascinándoo polo frescor impactante da proposta.
FICHA ARTÍSTICA
Elenco Inacio Vilariño
Guión e dirección Inacio Vilariño
Composición musical Benxamín Otero