O camiño dos paxaros

Espectáculo músico-teatral | infantil (+6) | 60 min

SINOPSE

Nun luminoso verán, un neno namorado da música goza do amor e dos bailes da súa nai. Cando esta deixa de respirar, no escuro outono, déixalle como legado unha caixiña, que lle é arrebatada por un paxaro que voa cara a latitudes máis cálidas. No frío inverno, inventores e inventoras dos lugares máis afastados veñen tratar de consolar o neno cos agasallos máis incribles, mais el non atopa a luz en ningún deles. Ata que cos primeiros raios de sol da primavera, volven as aves, e con elas o paxaro que trae a caixiña no seu peteiro. Ao abrila, o neno atopa o camiño de cores que guiará os seus pasos.

O camiño dos paxaros é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os seus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade.

FICHA ARTÍSTICA

Actor/actriz: Marián Bañobre e Magín Blanco
Músicas: Magín Blanco
Dirección escénica: Santiago Cortegoso
Deseño de imaxe: Leandro Lamas

Pin It on Pinterest

Comparte