O cardume

Narración oral e música en directo| Infantil e familiar (+3)| 50 Min

SINOPSE

O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma. En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.

Aqueles que semellan un só? Si, eses mesmos. A miña avoa di que ese xeito de nadar tan xuntos e coordinados chámase cardume, ela tamén di que os peixes ás veces son máis listos que as persoas, e que deberíamos aprender deles. Por iso, coas miñas amigas estamos aprendendo a xogar, imaxinar e camiñar xuntas, e se unha se cansa as outras tiramos por ela. Se cadra un día podedes xogar con nós. Apetécevos?

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano
Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano
Produción: Xarope Tulú

Pin It on Pinterest

Comparte