O FAIADO

Teatro, monicreques, maxia | Público infantil e familiar (+5) | 55 min

SINOPSE

O Faiado é un espectáculo onde se mistura o teatro, a música en directo, as sombras chinesas, o circo, a maxia e moito máis… Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Pablo Sánchez “Pablísimo”
Autor: J. L. Baños de Cos “Pepe”
Vestiario: Sigrid Blanco
Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”, Sofía Espiñeira, Roberto Casal
Música: Sofía Espiñeira

 

FICHA TÉCNICA

Alto 2,50m / Ancho 6m / Fondo 5m

Pin It on Pinterest

Comparte