FANTOCHES BAJ

O FOLIÓN DO ZAMPÓN

Animación de rúa | 60 min | Todos os públicos

SINOPSE

 

O Folión do Zampón é un espectáculo de animación de rúa dirixido a todos os públicos. Mediante unha serie de fantásticos e singulares personaxes Fantoches Baj dará vida a unha aventura sorprendente. Cabezudos, zancudos, velocíclopes, actores e música en directo da man de ODAIKO. Estes son os ingredientes para unha xornada única. O xigante Zampón rouba a palabra Ledicia dos soños dos nenos. O investigador Brais Buscamáis e Chispín, músico da Banda que se dirixía a tocar á festa de Ledicia, lazaránse á procura do Xigante, máis antes de atopalo terán que superar algunhas probas. O Folión do Zampón é un espectáculo ideal para calquera festa ou romaría.

FICHA ARTÍSTICA

Autor e director: Inacio Vilariño
Acomapañamento Musical: ODAIKO
Actores músicos: Inacio Vilariño, Fran Lareu, Vanesa Maceiras
Deseño escenografía: Luis Iglesias e Inacio Vilariño
Vestiario e atrezzo: María Chenut

Pin It on Pinterest

Comparte