O GALEGO A MIÑA LINGUA PROPIA

Campaña de normalización lingüística promovida pola Deputación da Coruña para compartir a fortaleza da nosa lingua a través de profesionais de múltiples sectores que empregan o galego como lingua propia na música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, entre outros. Dirixímonos ao alumnado de secundaria de 43 concellos da Coruña, compartindo as vivencias, experiencias e coñecementos de cada un dos proxectos profesionais para amosar que comprometerse coa lingua é unha marca de calidade e desta maneira conseguir afianzar na mocidade o uso da mesma  en todos os ámbitos da vida. 

Pin It on Pinterest

Comparte