OS CONTOS DE PABLÍSIMO

O PAROLEIRO

Narración oral e obxectos | público infantil +4 | 40 min

SINOPSE

O paroleiro é moi amigo de parolar, gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo é dar a coñecer os contos de transmisión oral así como os contos  máis contemporáneos. Neste contacontos empregaremos recursos como as sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahílas, brinquedos, cancións e narración oral.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/actor Pablo Sánchez

 

Pin It on Pinterest

Comparte