O poder de amabel

Monicreques e actores | Infantil e familiar (+5)| 55 Min

SINOPSE

O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel ainda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial Outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia. O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación dun mesmo.

FICHA ARTÍSTICA

Actores / Manipuladores: Victoria Pérez – Amabel, Avoa, Nai. Manu Fernández – Braulio, Pai, Tía Herminia, Xosé Leis – Psicólogo. Érica Esmorís – Voz Profe Antonia.
Dirección: Victoria Pérez, Xosé Leis
Dramaturxia: Victoria Pérez
Creación “Amigurumis”: Irene Pidal
Música orixinal: Mathew Ward e Xabier Romero
Espazo escénico: Jacobo Bugarín, Xosé Leis.
Espazo sonoro: Manu Fernández

Pin It on Pinterest

Comparte