O VELLO CÁRCERE DE LUGO
Recuperando a memoria histórica do Vello Cárcere de Lugo
A recuperación da memoria histórica das vítimas do franquismo que estiveron presas no cárcere de Lugo, así como noutras prisións ou centros de detención habilitados nas súas proximidades, a través dun proceso de investigación, estudo, divulgación e homenaxe a través desta exposición permanente que se alberga na planta baixa do cárcere.
A execución da investigación levouse a cabo co apoio e asesoramento de persoas longamente vinculadas á investigación e experimentadas nos estudos sobre a represión fascista, así como comprometidas coa causa da dignificación social e da recuperación da memoria histórica. O proxecto foi levado a cabo coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Lugo (ARMH) e co apoio da Asociación pola Dignificación das Vítimas do Fascismo (ADVF).