Teatro de rúa | Público familiar | 60 min
SINOPSE
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar; Ungüentos para facer medrar o cabelo, elixires para os catarros, pomadas para un propulsado primaveral, queren quitar luares peludos…? ou quizais moas…? queren cortar o cabelo, un afeitado, ou extraer o apéndice…? Achéguense e fagan cola!! por moi pouco diñeiro a súa vida cambiará, e de que maneira… achéguense!! Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público. Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Jorge Casas. Montse Piñón, Pepablo Patinho
Escenorafia e vestiario: Ghazafelhos
Dirección: Pepablo Patinho
FICHA TÉCNICA