OS CONTOS DE PABLÍSIMO

 

OS CONTOS DE PABLÍSIMO é una Cía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeño e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos, contemporáneos e de creación propia) a Tradición Oral e o Teatro. Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video, narración oral… e ten participado en diferentes mostras, horas do conto e festivais.

Pablo Sánchez é diplomado en Ciencias da educación e Técnico en Educación Infantil. Posgraduado en interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela completa a súa formación en escolas internacionais (Dell Arte en EEUU, Circomedia en Inglaterra; Scuola del Attore Cómico en Italia, etc). Leva traballando dende o ano 1989 como docente, como actor en teatro e televisión, como titiriteiro, clown, contacontos, etc…

Pin It on Pinterest

Comparte