PÉREZ&FERNÁNDEZ
Os nenos da varíola
Teatro familiar | +12 anos |60 min
SINOPSE
30 de Novembro de 1803: “A Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar “Os Nenos da Varíola”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
NOMINACIÓNS E PREMIOS
4 nominacións ós XXV Premios de teatro María Casares:
– Mellor espectáculo infantil.
– Mellor actriz secundaria
– Mellor adaptación
– Mellor maquillaxe
XXV Premios de teatro María Casares: Mellor espectáculo Infantil (2021)
III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña (2021)
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco.
Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Ambientación musical: Xabier Romero
Texto: María Solar
FICHA TÉCNICA