FANTOCHES BAJ

OS ROMEIROS DO CARACOL

Monicreques e música | Público infantil e familiar (+3) | 50 min

SINOPSE

 Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

 

FICHA ARTÍSTICA

 Guión e dirección  Ignacio Vilariño
Deseño de espazo sonoro Carlos Quintá
Escenografía Iván Suárez Núñez
Elenco:  Inacio Vilariño, Carlos Quintá                                                                                                                                                                                                     

FICHA TÉCNICA

Alto 4m / Ancho 10m / Fondo 5m

Pin It on Pinterest

Comparte