Os vellos non deben de namorarse

Monicreques | Xuvenil e adulto | 70 min

SINOPSE

Fantoches Baj representa con marionetas a emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires. Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela montaxe de éxito que sobre o Mariscal de Ramón Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao público galego que marionetas e adultos non son dúas cousas incompatibles.

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Director: Inacio Vilariño
Actores- Manipuladores: Inacio Vilariño, Luis Javier Iglesias Rodríguez (Luchi), Tero Rodríguez e Gabriel Penabade Outeiro (Lucho)
Deseño escenografía: Luis Javier Iglesias Rodríguez, Inacio Vilariño

Pin It on Pinterest

Comparte