Paxaro amigo: Músicas para a paz

Músico teatral | Infantil e familiar (+3) | 60 min.

SINOPSE

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola… Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo. Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre. O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no reciente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

FICHA ARTÍSTICA

Voz e guitarra: Gloria Mosquera
Baixo: Toni López
Teclado e acordeón: Diego Maceiras
Violín:  Harry Price
Actor:  Luís iglesias “luchi”
Guión e dirección: Pepablo Patiño

Pin It on Pinterest

Comparte