Logo de publicar un fermoso EP chamado ‘Fórmula’ o pasado ano, Peña volven agora con este, o seu primeiro traballo de estudo titulado ‘Carreiro’. Un debut sorprendente
que supón toda unha revelación, xa non en termos de transcender o folkie, senón no que se refire a música contemporánea en galego. Asumindo a propia dependencia xentilicia como punto de partida, a banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ten sido capaz de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal. Logo, en ‘Carreiro’, a pulsión subconsciente da musica popular énos representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinario.
Un álbum que funciona a xeito de novo retorno, de hipnótica chamada ao fogar ulterior: Espazo familiar onde se proxectan imaxes da nosa infancia, aínda que nelas atopemos algúns elementos sutilmente recolocados… non todo está onde estaba.
Peña presenta esta tempada o seu Carreiro, LP de debut, en formación clásica (guitarra eléctrica, acústica e violín) e onde presentará ademais as cancións do seu
EP ‘Fórmula’ e algunhas pezas novas, todas elas arranxadas especificamente para
o formato.

FICHA ARTÍSTICA

Guitarra acústica e voz: Toño Magariños
Violín e voces: Elena Vázquez
Guitarra eléctrica e voz: Rubén Abad

 

 

Pin It on Pinterest

Comparte