PERCUBEBÉ

Obradoiro para bebés | Público bebé (0 a 3) | 60 Min

SINOPSE

 

Percubebé é á vez un espectáculo musical e un obradoiro de percusión para o público bebé. Nesta proposta interveñen Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous artistas moi familiarizados coa formación musical na primeira infancia. Durante o obradoiro as familias aprenden, participan e adquiren ferramentas para a execución musical, á vez que descobren e interpretan coa axuda de Marcelo e Bea, pequenas cantigas infantís. As familias ou bebés participantes teñen ao seu dispor numerosos instrumentos de percusión: Pandeiros, pandeiretas, bombos, maracas… etc O espectáculo ten límite de prazas e pode ser programado tanto para familias como para grupiños escolares.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Marcelo Dobode e Beatriz Martínez.
Produción: Percubebé.

FICHA TÉCNICA

Público: 25 e 30 aprox + acompañantes

Pin It on Pinterest

Comparte