PERCUBEBÉ

 

Das cabeciñas de Marcelo Dobode e Bea Martínez, e das súas experiencias no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este obradoiro-espectáculo no que miud@s e maiores aprenden, gozan e descubren o mundo das percusións e da arpa neste fermosísimo proxecto. O proxecto busca alimentar e desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro e que é fundamental para medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e coordinación. Isto axudaranos a outras moitas facetas que nos imos atopar ao longo das nosas vidas, ademais de servirnos como inicio a calquera outra faceta artística, musical ou escénica. Axuda a liberar tensións, alimenta a concentración dos máis pequenos e pequenas e tamén dos adultos, e desenvolve a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos, ao tempo que nos adentra na nosa cultura musical. E por qué non comezar desde idade temperá?

 

Pin It on Pinterest

Comparte