PÉREZ&FERNÁNDEZ

Lewis Hyde, en “The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World” suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis alá da súa experiencia cotiá. Victoria Pérez e Manu Fernández crean en 2014 la Cía. Floristería para producir a peza escénica “Eu encargábame dos nenos e o meu marido da parte dos gastos” o seu primeiro espectáculo para público adulto sobre a desigualdade de xénero. O poder de Amabel estreada en xaneiro de 2016 é o seu primeiro espectáculo para público familiar co que se funda Pérez&Fernández. A súa segunda peza teatral será a tenrisíma e aclamada Aguratrat baseada nunha das publicacións do xenial Roald Dhal. En 2020 estrean Os nenos da varíola, un espectáculo baseado na novela homónima de María Solar.

Pin It on Pinterest

Comparte