
Narración oral e obxectos | público infantil +4 | 40 min
SINOPSE
Faise saber que se buscan príncipes rosas…e princesas azuis! faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de Principes e Princesas da man de Pablo Sánchez ‘Pablísimo’, un dos contadores de referencia do panorama galego.
FICHA ARTÍSTICA
Autor/actor Pablo Sánchez