QUIMERA

Espectáculo de rúa | 60 min | TP

SINOPSE

QUIMERA é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pode tornarse realidade. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non te deixará indiferente. Ideal para programar para todo tipo de público e moi adaptable a diferentes espazos.

 

FICHA ARTÍSTICA:

Tatiana Fontenla García
Iván Couso Campos
Fátima Carbia Lorenzo
Iván Burgos Ruibal
Caroline Ramil Sanders
Felipe Catalán Arufe
Alejandra Balboa Rodríguez

Pin It on Pinterest

Comparte