FANTOCHES BAJ

Rodarirrodari

Narración oral e música | +3 anos | 50 min

SINOPSE

Rodarirrodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral e monicreques con acompañamento musical, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tranvía de Marín, baseándonos, na descrición humorística que fixo Castelao, serviranos como medio de transporte do espectáculo. O tema da xogo para introducir cancións tradicionais. O narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas. Finalmente péchase o circulo coas novas tecnoloxías e como mal usadas acabarán converténdonos en burros.

FICHA ARTÍSTICA

Autor, dirección e actor Inacio Vilariño
Acordeón diatónico Carlos Quintá

Pin It on Pinterest

Comparte