ROTEIRO DAS IRMANDADES

Un roteiro pola cidade celebrando o centenario das Irmandades

Estruturado en 12 puntos, o discurso do fundador da Irmandade da Fala de Compostela, Lois Porteiro Garea, funcionou como o eixo vertebrador dos numerosos actos que se propuxeron nesta xornada de celebración deste centenario. Deste xeito, vinculouse cada actividade (teatro, poesía, música, mesas redondas…) coa temática dun punto concreto do discurso. Así pois, dende a interdisciplinariedade e a variedade das propostas quíxose facer unha relectura das palabras de Porteiro Garea que puxo de manifesto a súa profunda actualidade.

12 puntos, 12 ideas, 12 accións, 12 espazos.

Pin It on Pinterest

Comparte