SAN XOÁN PEQUENIÑO

A festa cativa de San Xoán

O SAN XOÁN PEQUENIÑO emerxeu como un festival infantil para recibir o San Xoán na Coruña. As actividades desenvolvéronse na semana previa ao día máis longo do ano enchendo de notas musicais os barrios da Coruña. Da man de diversos grupos coruñeses fíxose un percorrido pola historia e xéneros da música local, da música que se crea, se interpreta e se goza na cidade. Así pois, acompañados de actores que conxugan a parte escénica e musical da actividade, os grupos viaxaron polos barrios cuns escenarios móbiles axeitados para a actividade e co único obxectivo de introducir á cativada coruñesa no gusto pola música.

Como cume desta estensa programación musical, o día 24 de xuño preparouse un gran festival na praza de María Pita con actividades diversas durante todo o día e coa participación de grupos punteiros do panorama infantil. Todo isto acompañado dunha decoración única pensada especialmente para esta ocasión

Pin It on Pinterest

Comparte