INVERSA TEATRO

SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS

Teatro | público adulto | 70 min

SINOPSE

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras. A dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes.

FICHA ARTÍSTICA

 

Dirección: Marta Pérez

Texto: Marta Pérez a partir de materiais de creación colectiva.

Dramaturxia e interpretación: Marta Pérez, María Roja, Silvia Penas

Poemas: Silvia Penas

Movemento: María Roja

Videocreación: Laura Iturralde

Pin It on Pinterest

Comparte