INVERSA TEATRO
té con kant
Teatro | público adulto | 70 min
SINOPSE
Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia. Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última palabra sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente que deberá tomar unha decisión seguindo o Imperativo Categórico Kantiano . Atréveste a pensar con nós?
FICHA ARTÍSTICA
Texto, dirección e creación: María Caparrini e Marta Pérez.
Interpretación: Marta Pérez e María Roja.
Creación gráfica: María Roja.
Científico: Xosé Manuel Esperante.
Luz e son: Ángel Sousa.
Fotografía: Ángel Sousa. Berio Molina. Leonor Sangabriel.
Edición de vídeo: Ángel Sousa. Marcela Ceballos.
Vestiario: Centro Dramático Galego.
Música: Mozart. Alféizar.
Maquillaxe: Inversa Teatro.