TEATRO GHAZAFELHOS

 

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova das súas producións, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcétera. Pepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A nena e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa ou Lúa, unha tenra historia sobre as relacións humanas e o mundo dende a ollada dos nenos. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das preferidas polas familias.

Pin It on Pinterest

Comparte