TEATRO Ó CUBO

Teatro ó cubo é unha compañía de artes escénicas formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda en diversas disciplinas escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”. No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un espectáculo de teatro cómico de rúa dirixido por Alfredo Pérez Muíño “Fredi”, co mago Noel Fandiño como parte do elenco. A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo, diríxese a outros públicos como a primeira infancia e as súas familias. Na actualidade traballa na súa nova montaxe Ningures.

Pin It on Pinterest

Comparte